logotipo

img_google

NORMAS DA CANLE

 

 

1.- A primeira regra absolutamente básica é "Non fagas nada que non desexes que che fagan a ti". Non molestes o resto de usuarios, comprometas ou degrades o funcionamento da canle e o resto da Rede en xeral.

2.- Evita o uso de mensaxes automáticos de benvida, non é agradable entrar na canle e atoparse con notices dicindo "Benvido, visita..." enviados de forma totalmente pasiva e impersoal, e cuios remitentes non é que non saiban quenes somos, senón que en moitas ocasións nin se enteraron de que entramos na canle.

3.- Saudar nada máis entrar na canle é unha norma básica e esencial de boa educación. Se tes necesidade de subraiar unha mensaxe, 3 repeticións seguidas do mesmo e máis que suficiente. Aínda que iso poida favorecer a túa visibilidade, só contribúe para aumentar o nivel de "ruído ambiente" da canle e invitarás os demais a que  fagan o mesmo, empeorando máis a situación.

4.- Se despois de estar un bo anaco na canle por primeira vez, non che gusta o tipo de conversa ou non che gusta o "ambiente" da canle, simplemente despídete e lisca. O que non se debe facer é dicir algo como "merda de canle" ou "que aburrimento" e liscar. Recorda que ninguén te obrigou a entrar e o "ambente" da canle creámola entre todos. Unha canle é un espacio virtual de reunión e esixe as mesmas actitudes de respeto e convivencia que un mantería en calquer espacio real compartido por outras persoas.

5.- E aconsellable usar un nick que non incorpore acentos extranos, caracteres especiais, etc... Con isto o único que se consegue e que a maioría non se dirixa a nos persoalmente, xa que lle resulta compricado escribir o noso nick.

6.- Non se aconsella introducir información inútil na canle. Por exemplo, moitos usuarios temos a manía de introducir nas canles as derradeiras creacións dos scripts en canto a debuxos, frases feitas, etc... Isto resulta sempre moi molesto. Ademáis hai usuarios de outros sistemas operativos que non poden velos e só se consegue encherlles a pantalla de signos sen senso. Estes scripts nunca poderán ser motivo de baneo da canle.

7.- Calquer tipo de insulto, alusión persoal, conversacións de privados pasados a fiestra do xeral,etc... provocará a túa expulsión inmediata da canle.

8.- Hai que ter moito coidado coas maiúsculas. Se alguén escribe en MAIÚSCULAS, interpretarase que está berrando, o que case sempre é respostado polo resto dos usuarios cunha petición para que nos calemos. O uso sistemático de maiúsculas é motivo de baneo.

9.- Cada un é libre de actuar como desexe, sempre que sexa no ámbito dos privados.

 

Normas para operadores

 

1.- A colaboración dos operadores para o bon funcionamento da canle é imprescindible. Se non pensas o mesmo non solicites o rexistro e se xa o tes, solicita a eliminación do mesmo.

2. Os operadores respetarán o ban ou bans que puxera calquer outro operador, salvo consentemento de quen o puxera e dentro dun prazo de 1 hora ( as direccións virtuais repítense e podemos impedir a entrada a outro usuario que non ten nada que ver co que protagonizou o ban).

3.- O abuso da arroba significa a eliminación inmediata do rexistro na canle.

4.- O operador deberá axudar o usuario en todo aquelo que solicite dentro das normas.

 

 

REXISTROS

 

Unha vez o ano farase "limpeza" dos rexistros.

Borrarase do rexistro de #gaylugo a quenes deixaran de visitalo, e se rexistrará os que o haxan solicitado. Asi mesmo, quitaráselle o rexistro as persoas que non cumpran as regras da canle ou abusen desa "suposta" autoridade.

Pide o rexistro en #gaylugo en calquer momento na seguinte dirección de correo electrónico: webgaylugo2@mixmail.com , non llo solicites o founder da canle, edros, simplemente porque non os dará.

Apuntarase a túa solicitude, e se entras con asiduidade, serás rexistrado.

Ademáis valorarase a túa participación na conversa do xeral e os apoios que teñas de nicks rexistrados na canle.

Só os 2 administradores (Heyboy e Javi_21) poderán outorgar os rexistros, previa petición a través do mencionado correo.

Aqueles que obteñan o rexistro na canle, deberán cumprir as normas xa espostas nesta páxina.

 

 

INICIO