|
|
IV GOLPE DE ESTADO PETARDO |
|
|
HOLA A TOD@s!!
Como cada ano, ALAS (Asociación pola Liberdade Afectiva e
Sexual), entrega os seus premios "Mariquita de Plata" e "Mosca Cojonera".
A entrega destes premios, como xa saberedes, se fai no seo da
festa benéfica "IV GOLPE DE ESTADO PETARDO", para recadar fondos para o
colectivo, e para conmemorar o estoupido que demos en Lugo hai 4 anos co
noso primeiro acto público.
Este ano a festa a celebraremos no Disco-Pub STRASS (xunto do
Gran Hotel), o próximo sábado 26 de Febreiro. O precio da entrada é de 1
euro, como sempre. E como sempre, contaremos con actuacións de Drag
queens, animadores, etc.; con sorpresas, regalos, e moito máis...
As nominacións ós premios deste ano son:
*Almudena Varela Centelles
pola súa incansable colaboración desinteresada cos actos do colectivo.
*Julia Vallés Martinez (doctora
dos servicios médicos da prisión de Monterroso), polo seu empeño e a súa
importante labor cara as minorías sexuais, especialmente a
transexualidade, dentro do Centro penitenciario.
*José Blazquez (presidente
de AGORA CULTURAL), polo seu constante labor de visibilidade.
*Lupe Lopez Rodriguez (asc.
BACU ) por ser un exemplo de educación social positiva.
*Ó plan Municipal PreviLugo,
pola súa intensa labor educativa, na que contaron coa nosa presencia.
*Á Casa da Muller do
Concello de Lugo, por facer coxuntamente connosco a edición do
primeiro material gráfico acerca de minorías sexuais do Concello.
*Á canle do Irc "gaylugo"
por constituir un foro de encontro aberto, explícito e tolerante para
persoas de calquera condición.
*Ó equipo directivo do Pub "Glam Nights",
polo seu exemplo de aperturismo, tolerancia e traballo cara a igualdade.
*Don Manuel Fraga Iribarne,
presidente da Xunta de Galicia, e Monseñor José
Gea Escolano, obispo de Mondoñedo-Ferrol, polas súas
constantes declaracións homófobas, especialmente aquelas nas que se
califica a homosexualidade como un defecto do que hai que sentir
lástima.
*Partido Popular e Consejo General del
poder Judicial (concretamente ó seu sector conservador), que
ás órdenes do PP emitiron sen petición nin necesidade, e
extralimitándose nas súas competencias, un informe negativo cara
ó matrimonio civil entre persoas do mesmo sexo.
*Asociacións de Teleespectadoores,
por declaracións homófobas, en contra da aparición de gais e lesbianas
en medios de comunicación.
*Programa de tv "Equipo G",
por dar unha imaxe frívola, estereotipada e clasista dos gais.
Para calquera outra información, podedes contactar connosco vía
mail ou no teléfono 659774536 (Óscar Beceiro Hermida)
Gracias pola vosa atención, saúdos desde Lugo.
|